Sunday 08 de September de 2024

Acto institucional e festival de habaneiras e canto coral para pechar o ciclo Xullo, mes da Patria


O venres 12 de xullo, ás 20 horas, comezará no parque liñal do río Cadavo (a carón do monumento Día da Patria Galega) o acto institucional que organiza o Concello de Fene no marco do ciclo Xullo, mes da Patria. Intervirán o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, o fenés Alexandre Marín, técnico de Cultura do Concello de Culleredo e fillo do debuxante e humorista gráfico Xaquín Marín ao que se lle encargou este ano a elaboración da Declaración Institucional polo Día da Patria Galega, e o alcalde de Fene, Juventino Trigo. No decurso do acto, haberá unha ofrenda floral e, ao remate, o Tradicoro interpretará o Himno Galego.

Unha vez rematado o acto institucional, o mesmo venres a partir das 21 horas, comezará na praza do alcalde Ramón J. Souto González o tradicional Festival de Habaneiras e Canto Coral, no que tomarán parte as corais e rondallas do concello. Así, subirán ao escenario:

1. RONDALLA ESTRELECER

– Casiñas Brancas

– Quen puidera namorala

– A rumboia

2. CORAL POLIFÓNICA O POTE DE MANIÑOS

– Lela

– Alma, corazón y vida

– La viajera

3. CORAL POLIFÓNICA AGARIMO DE SILLOBRE

– No prado

– Olla como vai

– Siete rosas

4. TRADICORO

– Ngomoya-amavolovolo

– Si tu no estás aquí

– Cantando o xote